mércores, 21 de xaneiro de 2015

O recuncho dos poetas


Miraba para ti unha flor de inverno,

sen saber por que non tiña cor,

chegou un verán que parecía eterno

pero esperaba por ti con todo o amor.

Xairo Torres Guerreiro.




Chegou o inverno, e con el o frio,
collo as miñas luvas, o pucho
e vou xogar contigo.

O outono xa pasou
as follas das árbores caen o solo
e do verán e as vacacións
quedoume o consolo.

Na primavera saen as flores,
o campo está verde,
collo o meu cabalo
para ir a verte.

En verán ven a calor
e con el as vacacións
poñemos o bañador
e cantamos unha canción.

Carla Liñares Cortés



Gústame moito o entroido
gústame para difrutar
porque é sinal de ledicia
e tempo de vagar.

os nenos e as nenas pensan
que hai que aparcar o traballo
e buscan moitos disfraces
para lucir con sol ou orballo.

A cousa que máis me gusta
é a comida do entroido
comer filloas e orellas
así disfrutamos dabondo.

Sara Gómez Felpete.
 

1 comentario: