xoves, 29 de xaneiro de 2015

mércores, 21 de xaneiro de 2015

O recuncho dos contos

O recuncho dos pintores


Nikoletta Gómez Gándara (Niki)

O recuncho dos poetas


Miraba para ti unha flor de inverno,

sen saber por que non tiña cor,

chegou un verán que parecía eterno

pero esperaba por ti con todo o amor.

Xairo Torres Guerreiro.




Chegou o inverno, e con el o frio,
collo as miñas luvas, o pucho
e vou xogar contigo.

O outono xa pasou
as follas das árbores caen o solo
e do verán e as vacacións
quedoume o consolo.

Na primavera saen as flores,
o campo está verde,
collo o meu cabalo
para ir a verte.

En verán ven a calor
e con el as vacacións
poñemos o bañador
e cantamos unha canción.

Carla Liñares Cortés



Gústame moito o entroido
gústame para difrutar
porque é sinal de ledicia
e tempo de vagar.

os nenos e as nenas pensan
que hai que aparcar o traballo
e buscan moitos disfraces
para lucir con sol ou orballo.

A cousa que máis me gusta
é a comida do entroido
comer filloas e orellas
así disfrutamos dabondo.

Sara Gómez Felpete.
 

xoves, 15 de xaneiro de 2015

QUEN SOMOS?

Cando pasen os anos xa non recordaremos os nomes de todos nós. Para que non ocorra, aquí tedes quen e como éramos no curso 2014 . 2015.

domingo, 11 de xaneiro de 2015

BENVIDOS AO NOSO BLOG

Benvidos ao noso blog:

         Este blog nace para que os alumnos e alumnas de 4º B do CEIP de Tarrío poidan expoñer os seus traballos. Tamén será un lugar onde vexan reflexadas as súas festas e outros eventos escolares.
           Unha grande e agarimosa aperta de todos os alumnos e alumnas de 4º B aos que visiten este lugar.